lunes, 30 de junio de 2014
martes, 24 de junio de 2014
Remate de curso
Bicos e apertas a todos moitas grazas polos vosos agasallos, tamén eu quero ter un agasallo para todos vos; para velo precisades unha tablet e baixar a app AURASMA, tedes un tutorial no seguinte enlace (clicade) logo tedes que enfocala orla, o tutorial é do mestre Ruben, el o fixo coa portada dos traballos, nos coa ORLA dá nosa clase, espero que vos guste.
Tamén aproveito para explicaros que no material que levades para casa vai unha libreta con ringleiras, para que fagades cos nenos/as un diario das vosas vacacións, con fotos, debuxos..........(é voluntario, non tedes que traelo, soamente é unha idea xa que algúns queríades deberes)
Tamén aproveito para explicaros que no material que levades para casa vai unha libreta con ringleiras, para que fagades cos nenos/as un diario das vosas vacacións, con fotos, debuxos..........(é voluntario, non tedes que traelo, soamente é unha idea xa que algúns queríades deberes)
jueves, 19 de junio de 2014
lunes, 16 de junio de 2014
Visita nais de Uxía e Ainara
Hoxe tivémola visita das avogadas, que facendo dous xuizos un de Uxía por portarse mal na clase; e outro do lobo feroz, por comerse á avoa e a carapuchiña, explicaron dun xeito moi divertido en que consiste o seu traballo
martes, 10 de junio de 2014
GAÑADORES DOS BIBLIOPUNTOS
Os que máis participaron nas actividade propostas dende a biblioteca, e mais libros levaron emprestados da biblioteca foron Saúl, Noa, Tomás e Gonzalo na nosa clase, fixemos un sorteo e tocoulle a Saúl pero todos/as sodes merecedores, grazas pola vosa participación, para ver os gañadores (clicade)
viernes, 6 de junio de 2014
Falando nas nubes do noso paso por infantil.
Hoxe imos a falar dos recordos que temos do noso paso por infantil e do que esperamos aprender na nova etapa en educación primaria.
sábado, 31 de mayo de 2014
PARABÉNS LUCAS ROA E ALEJANDRO
Hoxe venres tivemos o día movido, primero facer o baile de paco papan para celebrar o festiletras 2014 e logo cumple con discoteca
jueves, 29 de mayo de 2014
miércoles, 28 de mayo de 2014
Hoxe viu o pai de Bea e a súa nai coma axudante, para explicarnos en que consiste o seu traballo (representante de productos coren), e coma a última viaxe que fixo foi a china pois contounos unha chea de cousas de china, aprendemos a xantar coma eles, como viven, cales son os seus debuxos, a súa letra...Trouxéronnos agasallos e pasámolo xenial.
martes, 27 de mayo de 2014
Revista
Revista Breogán 2014
Xa saíu á rúa un novo número da nosa Revista Breogán, a cal cumple os 33 anos de vida. Nela atoparedes unha morea de cousas sobre o que facemos no cole. Cómpre salientar as cartas e fotos de despedida dos nenos e nenas de 6º de infantil e primaria.
Agardamos que vos guste e gocedes coa súa lectura.
viernes, 23 de mayo de 2014
lunes, 19 de mayo de 2014
VISITA A PRIMARIA
HOXE FOMOS DE VIAXE AO EDIFICIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, JAJA CANTO TRABALLO:
VIDEO (facede click na palabra video)
VIDEO (facede click na palabra video)
sábado, 17 de mayo de 2014
lunes, 12 de mayo de 2014
Teatro Negro
Un ano máis os nenos e nenas de 6º de primaria sorprendéronos co seu teatro negro, dirixidos pola mestra de música.
miércoles, 7 de mayo de 2014
VISITA NAI DE NOA
Hoxe tivémola visita da nai de Noa, a cal fixo un obradoiro de reciclaxe, cun ule vello, un cordón que pode ser dos zapatos e pedras da praia pódese facer un divertido xogo para pasar un rato entretido có tres en liña, mañá xa o levaran porque tiñan que secar as pedras. Hoxe xa tedes mandilón para lavar
martes, 6 de mayo de 2014
O noso xornal
Elaborámolo xornal da clase de 5 anos B, no que podedes atopar a información de toda a actualidade, os cotilleos máis frescos, NOTICIAAAAAAAAS
miércoles, 30 de abril de 2014
viernes, 25 de abril de 2014
VENRES 25 DE ABRIL
Hoxe foi un día do máis entretido
1º cumple de Pablo. MOITÍSIMAS FELICIDADES PABLO
Despois do recreo e como celebración do día do libro (23 de abril) tivemos uns padriños e madriñas da lectura do máis especial, e coma vós afillados lles demos un marcapçaxina feito por nós.
E para rematala xornada viaxamos en avión coa azafata de terra nai de Gonzalo e a súa axudante nai de tomás a cal xa ten estado axudándonos coas fotografías do nadal e mais da orla que xa veredes
miércoles, 23 de abril de 2014
Nais de Alvaro, Ana e María
Hoxe as nosas enfermeiras particulares ensináronnos un conto dos dentes, O aparato dixestivo, Canto mide o intestino, A pirámide nutricional e en que consiste o traballo das enfermeiras. Fixérono xenial
Obradiro da igualdade
O martes tivémola visita dunha rapaza que xa nos explicara doutra vez algunhas cousas da igualdade de xénero sobre todo cos xoguetes, pois desta vez o obradoiro foi encarrilado á igualdade nas tarefas da casa.
viernes, 11 de abril de 2014
RECICLAXE
Hoxe venres comezamos coa reciclaxe primeiro cun conto dos bolechas reciclan e logo separando os residuos da clase, levando despois cada cousa o seu colector. Se queredes podedes traer ao colexio unha foto dos vosos fillos e fillas reciclando.
sábado, 5 de abril de 2014
VISITA DA NAI DE GAEL
A nai de Gael da clase de Rubén veu a nosa clase para explicarnos a importancia da hixiene persoal ( cunha presentación en power point), como lavalas mans ( cunha canción), como soar os mocos, como alimentarnos (explicou a pirámide cun xogo) e para rematar vimos a canción de Rosa León das vacinas. Foi moi diverrtido!!!!
miércoles, 2 de abril de 2014
APIPOLIS
Fomos a Apípolis, a cidade das abellas, na parroquia de Xeve. Fixemos un montón de cousas: aprendimos cousas das abellas a través de xogos e imaxes, miramos a abella raiña, cociñamos galletas con mel, fixemos velas, embotellamos mel en tarriños, e incluso metémonos coas abellas protexidos cuns traxes especiais. Ademáis tamén xogamos un montón. Pasámolo xenial
jueves, 27 de marzo de 2014
Gadis
Hoxe fomos de excursión ao Gadis que está en Rosalia de Castro explicáronnos a importancia de comer sano, a pirámide nutricional , tipos de froitas, carnes, peixes , onde se merca cada cousa e moitas cousas mais.
martes, 18 de marzo de 2014
CONTACONTOS
O luns tivemos a visita dun contacontos e dun xeito moi dinámico contounos " Un conto para levar no peto"
viernes, 14 de marzo de 2014
SOL DURMIÑON
Coma o conto do sol durmiñón do ano pasado hai xente que o quere ter, pois podedes descargalo facendo click aqui
domingo, 9 de marzo de 2014
LIMS FONEMAS
ENLACE CLICADE (se nalgún lim non sodes capaces de continuar, ´tedes que volver facer clic en tódalas casas porque ás veces non quedan ben encaixadas)
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Como xa sabedes o día 8 de marzo é o día da muller traballadora, no colexio o venres fixemos un debuxo dunha muller a que lle teñamos aprezo. Cando leven os traballos xa veredes. Apertas e feliz día a tódalas mulleres.
viernes, 28 de febrero de 2014
jueves, 27 de febrero de 2014
miércoles, 26 de febrero de 2014
ENTROIDO
Luns: As gafas de sol molan mogollón, no cole balaidos lévanse un montón
Martes: Os nenos de nenas teñen que vir, e as nenas de nenos teñen que vestir.
Mércores: Imos de rapeiros porque somos moi cañeiros.
Xoves: Imos de mimos e todos ben caladiños.
Venres: O centro de interese do colexio é a reciclaxe, os nenos e nenas de educación infantil transformaranse en superhéroes da reciclaxe, o primeiro ciclo serán espantallos, o segundo ciclo serán sombreiros reciclados e o terceiro ciclo morcegos reciclados. Seguro que nos sorprenden!!!!!!!
Martes: Os nenos de nenas teñen que vir, e as nenas de nenos teñen que vestir.
Mércores: Imos de rapeiros porque somos moi cañeiros.
Xoves: Imos de mimos e todos ben caladiños.
Venres: O centro de interese do colexio é a reciclaxe, os nenos e nenas de educación infantil transformaranse en superhéroes da reciclaxe, o primeiro ciclo serán espantallos, o segundo ciclo serán sombreiros reciclados e o terceiro ciclo morcegos reciclados. Seguro que nos sorprenden!!!!!!!
miércoles, 19 de febrero de 2014
lunes, 17 de febrero de 2014
DÍA DO AMOR
O pasado venres celebrámolo día de san valentin facendo corazóns con ceras vellas, aproveitando o tema da reciclaxe
sábado, 8 de febrero de 2014
miércoles, 5 de febrero de 2014
viernes, 31 de enero de 2014
Día da paz
Onte tivemos no colexio a celebración do día internacional da paz na educación , pintamos a cara, fixemos un boneco, fixemos xogos, lectura dun manifesto, os maiores tocaron coa frauta a canción de imagen of the people, os demáis acompañamos erguendo as mans, cada clase liu unha frase e soltou unha pomba, na nosa foi Adrián o que dixo a frase " Algúns nenos e nenas non queren consolas soamente queren estudar"e Álvaro foi ó que soltou a pomba.
TRABALLO DUNHA PERSONAXE
Fixemos o traballo sobre Malala unha rapaza de orixe paquistaní que no seu país non lle deixaban estudar por ser rapaza.
domingo, 26 de enero de 2014
martes, 21 de enero de 2014
VISITA NAI SOFÏA
Como xa sabedes estamos co proxecto do corpo humano e a nai de Sofía é oftalmóloga, viu o luns a falar da súa profesión, dun xeito lúdico aprendimos un montón.
viernes, 17 de enero de 2014
jueves, 16 de enero de 2014
PROXECTO DO CORPO HUMANO
Como xa sabedes, imos a realizar un proxecto acerca do corpo humano. Xa temos moitas cousas, pero ao longo do proxecto podedes mandarnos o que vos pareza que está relacionado co proxecto (unha lámina dunha obra de arte onde sae unha figura humana, unha revista con corpos e persoas de distintas razas, unha revista de musculación, o que se vos ocurra!!...) Calquera cousa que teñades na casa pode valer para aprender acerca do noso corpo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

