viernes, 31 de enero de 2014

Día da paz

Onte tivemos no colexio a celebración do día internacional da paz na educación , pintamos a cara, fixemos un boneco, fixemos xogos, lectura dun manifesto, os maiores tocaron coa frauta a canción de imagen of the people, os demáis acompañamos erguendo as mans, cada clase liu unha frase e soltou unha pomba, na nosa foi Adrián o que dixo a frase " Algúns nenos e nenas non queren consolas soamente queren estudar"e Álvaro foi ó que soltou a pomba.

TRABALLO DUNHA PERSONAXE

Fixemos o traballo sobre Malala unha rapaza de orixe paquistaní que no seu país non lle deixaban estudar por ser rapaza.

martes, 21 de enero de 2014

Letra B

Esta semana estamos traballando o fonema b e para que sigades traballando clicade no fonema

VISITA NAI SOFÏA

Como xa sabedes estamos co proxecto do corpo humano e a nai de Sofía é oftalmóloga, viu o luns a falar da súa profesión, dun xeito lúdico aprendimos un montón.

jueves, 16 de enero de 2014

PROXECTO DO CORPO HUMANO


Como xa sabedes, imos a realizar un proxecto acerca do corpo humano. Xa temos moitas cousas, pero ao longo do proxecto podedes mandarnos o que vos pareza que está relacionado co proxecto (unha lámina dunha obra de arte onde sae unha figura humana, unha revista con corpos e persoas de distintas razas, unha revista de musculación, o que se vos ocurra!!...) Calquera cousa que teñades na casa pode valer para aprender acerca do noso corpo.

A LETRA H

Xa podedes practicar o H no lim do mestre Rubén