lunes, 23 de diciembre de 2013

Panxoliñas


O venres cantamos unha panxoliña polas clases, e logo tamén viñeron a nosa clase a cantarnos, e o resultado foi.....

A verdade é que o fixeron xenial

sábado, 14 de diciembre de 2013

sábado, 7 de diciembre de 2013

Parabéns Alejandra

O xoves 5 de 
decembro celebrámolo cumpleanos de Alejandra. Moitas Felicidades

Obradoiro da igualdade

O mércores 4 de decembro tivemos na biblioteca un obradoiro sobre a liberdade dos nenos e nenas para escoller un xoguete, e que todos poden xogar xuntos, e que non hai uns específicos segundo sexa neno ou nena; Contoulles un conto e logo decidían se uns xoguetes podían ser empregados ou non por nenos e nenas.

viernes, 29 de noviembre de 2013

chega o nadal

Xa estamos ás portas do Nadal e como non podía ser doutro xeito temos q aprender dúas panxoliña se queredes visionalas facede click, e se queredes colaborar ensinandolla non serei eu quen diga que non

1- Panxoliña 1
2- Panxoliña 2

domingo, 24 de noviembre de 2013

DINOSAURIOS



NO COMEZO TIÑAN ALGÚNS ALGO DE MEDO PORQUE FACÍAN MOITO RUIDO, TAMÉN BIMBA TIÑA MEDO,  PERO DESPOIS XA COLLERON CONFIANZA.


LOGO VISIONARON UNHA PELI EN 3 D


jueves, 14 de noviembre de 2013

MAMA DE SAÚL

Tivemos  a sorte de que a nai de Saúl viñera contarnos un conto ( THE SOUP IS HOT)  e cantarnos dúas cancións e este foi o resultado

KATRINA

Tódolos  xoves ven Katrina que é a axudante de conversa en inglés, contanos un conto ou unha canción, a partires de agora vaise levar á biblioteca a 10 nenos/as en grupos de 5 para traballar con eles vocabulario en inglés.(só son 20 minutos a semana)

miércoles, 13 de noviembre de 2013

ARCO DA LÜA

Este trimestre estamos a traballar o conto ARCO DA LÜA e por si alguén ten interese en conseguilo o poderá descargar facendo click sobre a imaxe

lunes, 4 de noviembre de 2013

lunes, 21 de octubre de 2013

CONTO NAI ALEJANDRA



HOXE FOI UN LUNS ESPECIAL CONTAMOS COA VISITA DA NAI  DE ALEJANDRA FOI DIVERTIDISIMO,  PRIMEIRO CONTOUNOS UN CONTO E LOGO FIXEMOS UN XOGO, A CANCIÓN A LEVARON OS NENOS/AS NA MOCHILA.




O venres 18 celebrámolo cumpleanos de Lucas

PARABÉNS LUCAS F

jueves, 17 de octubre de 2013

VISITA KATRINA

Hoxe 17 de outubro axudounos Katrina, unha axudante para conversar en inglés a cantar duas cancións en inglés.

O Cullarapo Croque

O mércores 16 viu o colexio un contacontos "Miguel Ángel" e dun xeito moi simpático e poético contounos a historia do Cullarapo Croque(unha ra), logo fixemos un debuxo.

miércoles, 16 de octubre de 2013

FONEMAS

OS FONEMAS QUE LEVAMOS VISTOS SON O M, L, P, S, l , p, m, s un pouco máis abaixo tedes algunha dirección web, para traballar e xogar.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa comezou esa viaxe das mochilas que vos fan traballar un chisquiño, e lembrade que para escribir os fonemas lle podedes axudar pero non lle fagades unha plantilla,

sábado, 5 de octubre de 2013

miércoles, 12 de junio de 2013

O día 31 de Maio tivemos a celebración das letras Galegas e fixemos o baile do pirata metepata e este foi o resultado

martes, 4 de junio de 2013

A granxa kiriko

A vixita a granxa kiriko foi moi especial para todos/as , o programa escollido foi de onde veñen os alimentos? Ademáis de ter actividades de ver os animáis, interactuaban con eles, tamén foron agricultores, gandeiros e panadeiros. MIRADE

viernes, 31 de mayo de 2013

cumples de maio

O día 30 de Maio celebramos os cumples de LUCAS ROA , ANDRES, ALEJANDRO E HAYDEE PARABENS PARA TODOS

teatro negro

Os nenos de sexto fixeron unha obra de teatro negro o día 27 de maio que se titulaba "o ratonciño pérez quere ser feliz", xa o ano pasado sorprendéronos con outra obra

zoo e planetario

Como ben sabedes o pasado día 24 de Maio fomos ao zoo e tamén a un pqueno planeterio que teñen neste mesmo lugar, o resultado o podedes apreciar nas fotos seguintes

jueves, 23 de mayo de 2013

Areeiro

Este ano co mal tempo pouco disfrutarón do areeiro, pero coa chegada do sol voltamos a enchernos de area

Vermes de seda

Coma o ano pasado temos a visita na nosa clase uns individuos que so fan COMER E COMER follas de moreira

Visita Miró Magariños

O mércores 22 de Maio os nenos e nenas de educación infantil contaron coa visita de Miró Magariños o cal fixo un espaectáculo de sombras chinescas, quedaron abraiados!!!!!!! Logo fixemos un traballiño

martes, 30 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Deste xeito celebramos o día do libro no cole Foi unha pasada miralos tan atentos, e os pequenos fixeron un marcapáxinas para o seu padriño ou madriña

sábado, 23 de marzo de 2013

UNHA POESÍA DO NADAL

POLO NADAL RECITAMOS ESTA POESÍA A MODO DE PAIXOLIÑA POLAS CLASES E O VIDEO QUE GRAVEI ESE DÍA TAMÉN ESTRAGOUSE, ASI QUE O DÍA DAS POESÍAS PREGUNTEILLE SE AÍNDA A LEMBRABAN E ESTE FOI O RESULTADO

VIDEO DA POESÍA

 
 
 
 
NO SALÓN DE ACTOS FIXERON MOI BEN A POESÍA PERO O MEU VIDEO ESTRAGOUSE POR ISO A VOLTA DAS VACACIÓNS INTENTAREI POR O DO COLE, AINDA QUE ESTABAN CANSOS NA CLASE O FIXERON TAMÉN E ESTE FOI O RESULTADO

jueves, 14 de marzo de 2013

O noso traballo dunha muller traballadora

Fixemos un traballiño para decorar os corredoirs sobre unha muller traballadora, eleximos a escritora Fina Casalderrey.

sábado, 9 de marzo de 2013

VISITA AO MUSEO DO MAR

Na visita primeiro nos contaron un conto e nos ensinaron o acuario Despois disfrazáronnos de pescadores e fomos a caza dunha balea Tamen tivemos que pescar con cana E como non podía ser doutro xeito tamén saimos a navegar

Poesía que imos recitar no colexio

O centro de interese do colexio este ano está adicado ao día mundial da auga o cal celébrase o día 22 de Marzo e coma o día 21 é o día mundial da poesía, vaise facer no colexio o día 22 de marzo unha marea de poesías ou teatro no salón de actos. Por iso nos estamos a preparar a seguinte poesía:
A ESCOLA DO MAR
A roda roda da caracola
durmen os cangrexos e rin as ondas.
 Os peixes pequenos xogan na area
quedan durmidos xunto as baleas.
 Os peixes espertan, saltan as rochas.
 Cantan , Soñan , Bailan
e coas súas manciñas mecen no berce as estreliñas.
 Ao acuario escola van os peixiños
Pompas de cores entre os seus libriños
Á roda roda imos soñar
 que axiña a naiciña viranos buscar.

jueves, 21 de febrero de 2013