sábado, 9 de marzo de 2013

Poesía que imos recitar no colexio

O centro de interese do colexio este ano está adicado ao día mundial da auga o cal celébrase o día 22 de Marzo e coma o día 21 é o día mundial da poesía, vaise facer no colexio o día 22 de marzo unha marea de poesías ou teatro no salón de actos. Por iso nos estamos a preparar a seguinte poesía:
A ESCOLA DO MAR
A roda roda da caracola
durmen os cangrexos e rin as ondas.
 Os peixes pequenos xogan na area
quedan durmidos xunto as baleas.
 Os peixes espertan, saltan as rochas.
 Cantan , Soñan , Bailan
e coas súas manciñas mecen no berce as estreliñas.
 Ao acuario escola van os peixiños
Pompas de cores entre os seus libriños
Á roda roda imos soñar
 que axiña a naiciña viranos buscar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario